O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura coa finalidade de canalizar a participación de todos os sectores implicados na vida cultural de Narón. Hoxe toda a actividade cultural municipal, salvo a institucional e a de concesión de axudas e subvencións, canalízase a través do Padreado da Cultura.
A finalidade do Padroado é suplir as deficiencias de divulgación respecto da cultura galega e do Concello de Narón, dando a coñecer esta por todo o Concello mediante ciclos de charlas, a creación de escolas artísticas e realizando estudios de investigación sobre a nosa arte e a nosa cultura.
O seu órgano de xestión é a Xunta do Padroado, que está presidida polo Alcalde, e na que están presentes tódolos grupos políticos do Concello, xunto coas as asociacións de veciños, os consellos escolares e as entidades culturais a través dos seus representantes permanentes.
O Padroado conta ademais cun Director Técnico, un Secretario, un Administrador e diversos asesores. O seu financiamento provén do Concello de Narón e das subvencións doutros organismos , además da aportación que supoñen as matrículas que se cobran para participar nas escolas do Padroado e polo que se ingresa na taquilla dos actos nos que se cobra entrada.
|