Dentro das Escolas, como complemento pedagóxico, o Padroado da Cultura realiza traballos investigación que logo son aplicados nas mesmas, como é o caso dos realizados posprogramas de actividade propios coma os da Escola de Danza, sobre bailes populares, incorporados posteriormente ó seu repertorio, así como na elaboración dos traxes ou na confección dun manual sobre Coñecementos Básicos do Folclore Galego.
No eido da difusión cultural, dende o Padroado se teñen realizado numerosas publicacións como a citada sobre o Folclore Galego, sobre Castelao e sobre as Festas Populares.
Dentro deste traballo divulgador hai que salientar tamén o que se realiza mediante a actuación dos grupos das diversas Escolas Artísticas no Auditorio Municipal levando a cabo numerosos concertos didácticos para os alumnos e alumnas de tódolos colexios de Narón. Estes ciclos teñen un marcado carácter pedagóxico.
|