As actividades do Padroado da Cultura son moitas e variadas. Coma exempo, compre citar os ciclos de cine que percorren tódalas parroquias que así o solicitan, actuacións teatrais (dun xeito continuado durante 8 meses ó ano: de setembro a maio) e tamén unha Mostra de Teatro para público Infantil e Xuvenil (sempre durante o mes de novembro, en horario escolar, na que participan tódolos rapaces e rapazas de entre 3 e 18 anos escolarizados nos colexios e institutos de Narón), concertos de música clásica e popular, encontros de bandas de gaitas, exposicións, conferencias, actuacións de grupos folclóricos e outros grupos musicais (blues, etc.), contando ademais cun Festival Internacional de Folclore que se celebra no mes de xullo.
No eido do Teatro podemos dicir que Narón é un referente en toda Galicia para as Compañías de Teatro Profesional Galegas, xa que moitas das máis importantes realizaron as estreas galegas dos seus espectáculos en Narón (Centro Dramático Galego, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, Bucanero, Teatro do Morcego, Lagarta-Lagarta, etc.). Tamén estrearon en Narón, para toda España, Compañías do resto do estado español como TEATRO I PIAU de Castilla La Mancha e AL SUROESTE TEATRO de Extremadura.
Durante o ano 2005 foron máis de 12.000 persoas as que asistiron como público a diferentes actuacións que se desenvolveron dentro desta actividade.
Hai que citar tamén a celebración de festas populares como o Entroido, Cabalgada de Reis e os Maios, en colaboración coas entidades asociativas e as actividades dos grupos das Escolas Artísticas de Música, Teatro, Danza e Gaita, que tamén realizan actuacións dentro e fóra de Narón de xeito habitual.
Actividades
- Teatro
- Música
- Danza
- Baile deportivo e de salón
- Ciclos de cine nas parroquias
- Exposicions e conferencias
- Banda de gaitas
|
- Grupos musicais
- Grupos Folclóricos
- Festas do Entroido
- Cabalgada de Reis
- Os Maios
- Actuacións fora do Concello
|
|