A Escola
 
Historia
 
Formación
 
Actividades Escolares
 
Activ. Complementarias
 
Matrícula e acceso á escola
 
Espectáculos TEN
 
Galería de Imaxes
 
Profesorado
 
 
Pablo Sánchez
 

A Coruña, 1969. Actor

Técnico en actividades físicas, Técnico en Educación Infantil e Diplomado en Ciencias da Educación. Estudou Interpretación no Curso de Postgrado da Universidade de Santiago de Compostela e na Scuola Internacionale dell Atore Cómico (Italia), Circomedia (Inglaterra) e Dell Arte (EEUU). Ten asistido a numerosos cursos impartidos polos mestres Arlo Boso, Claudia Contin, Carlo Mazzone Clementi, Norman Taylor, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Michael Fields ou Leo Bassi.

Inicia o seu traballo como actor no ano no ano 87 e desde entón ten traballado con diversos Grupos e Compañías como Sardiña, Hipógrifo Violento, Catrabcha Teatro, Trinke Trinke, Ollomol-Tranvía, Berrobamban, Quinquilláns, etc. Actúa e dirixe na súa Compañía, San&saN, coa que consegue o 1º Premio no Festiclown polo espectáculo "Concerto Bífido" e o 2º Premio no Certame Nacional de Café-Teatro Radiocity en Valencia, polo espectáculo "Nasinal Geografic". Colabora periodicamente co Grupo sueco Moliereensemblen para o seu espectáculo "Grand Guignol".

Realizou e dirixiu as loitas escénicas nas películas de TV "El regalo de Silvia", "Sara" e "Diario de un Skin" , e ten participado en diversos programas audio-visuais. Actualmente traballa como actor de comedia no programa "Luar" da TVG.

Como docente ten traballado con Grupos de distintas idades e en diferentes escolas como Danthea, Escola de Circo de Ferrol, Master en Estudos Audiovisuais de A Coruña, Escola de Teatro Físico San&saN, incorporándose á Escola de Teatro de Narón como Profesor de "Teatro Físico" no ano 2003.


Voltar a Profesorado

   
 
Concello de Narón - Aviso legal