A Escola
 
Historia
 
Formación
 
Actividades Escolares
 
Activ. Complementarias
 
Matrícula e acceso á escola
 
Espectáculos TEN
 
Galería de Imaxes
 
Profesorado
 
 
Luis Ramos
 

Xermade, 1957. Actor e director de escena

Comeza a súa relación co teatro no ano 1985 participando nun curso de formación actoral impartido por Roberto Leal, que deu lugar á creación do Grupo de Teatro Baldadiños, cuxa primeira posta en escena foi "Divinas Palabras". Desde entón ten desenvolvido un intenso traballo de promoción teatral como actor e director de escena, tendo dirixido até a data máis de 50 espectáculos teatrais.

No ano 1987 responsabilízase da posta en marcha do primeiro proxecto da Escola de Teatro de Narón, na que permanecerá até o ano 1995, dirixindo unha boa parte dos espectáculos da Escola neste período. Neste tempo dirixe tamén diversos Obradoiros de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado de Cultura, labor que continúa dese o ano 95 até o 02, ao tempo que promove e dirixe Grupos de Teatro Amador da Comarca de Ferrolterra.

No Curso 2002/2003 re-incorpórase como mestre á Escola de Teatro na súa actual estructura, impartindo a asignatura de "Materias da Posta en Escena", e ocupándose asemade de varios Obradoiros de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado.

Entre os traballos da súa dirección destacan a versión teatral do cómic "Mafalda" de Quino, "A pousadeira" de Goldoni, "A Nona" de Roberto Cossa, "El bosque animado" de Wenceslao Fernández-Florez e "A Festa da Neves" de Margarita Sánchez (Co-dirixido con Asu Rivero).


Voltar a Profesorado

   
 
Concello de Narón - Aviso legal