|
Narón, 1967. Dramaturgo, actor e director de escena
Ingresou na Escola de Teatro de Narón en 1989. En 1992 funda Caroza Teatro e desde ese momento combina os traballos de actor, autor e director de escena. En 1995 gaña o premio ao Mellor Texto teatral orixinal no certame "Xuventude 95". É autor, entre outras, das seguintes obras: Sursum Corda, Centro Voando, Desjraciados, ¡Oh!, ¿Que facer cando xa sei quen son?, Dezaseis horas, Pedro Pablo e Leandro José, Tres notas, Fobias (Unha extraña noite na casa de Luis Mendía), Se normal. Vota Substancia Bucanera e Por un millón de dólares.
No ano 2003 re-incorpórase como Profesor á Escola de Teatro de Narón, dirixindo Integral, texto orixinal de Roberto Vidal Bolaño, e desde entón á actualidade imparte a asignatura de "Creatividade Dramática".
Con "Monólogo do imbécil" (edicións embora, 2003) gañou o "Premio Max" de Teatro 2003 ao Mellor Texto Orixinal en idioma galego.
Con "Fobias" gañou o "Premio Max" de Teatro 2005 ao Mellor Texto Orixinal en idioma galego e o Premio María Casares de Teatro ao Mellor Texto Orixinal do ano.
Na actualidade ten en cartel o texto "Carambola", producido por Lagarta Lagarta, dirixido por Lino Braxe e interpretado por Rosa Álvarez, Belén Constenla, Ernesto Chao, Elina Luaces, Rebeca Montero e Anabel Gago.
|