A Escola
 
Historia
 
Formación
 
Actividades Escolares
 
Activ. Complementarias
 
Matrícula e acceso á escola
 
Espectáculos TEN
 
Galería de Imaxes
 
Profesorado
 
 
Mari Muiño
 

San Sadurniño, 1976. Logopeda

Diplomada en Logopedia e Master en Xerontoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña. Inicia a súa actividade profisional como logopeda no ano 1999 colaborando co Colexio Público San Pedro de Visma, co Centro Xerontolóxico de Día La Milagrosa e coa Residencia para Maiores de Laraxe, ao tempo que participa no Grupo de Investigación en Xerontoloxía, co Proxecto "Estudio da poboación con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento e posta en marcha dun programa de promoción da saúde" do Departamento de Xerontoloxía Clínica da Universidade de A Coruña e nas I Xornadas Galegas sobre Inclusión Socio-Laboral en Discapacidade Intelectual.

  • Logopeda da Asociación Teima Síndrome de Dawn Ferrol desde o ano 2002.
  • Titora de Prácticas da Diplomatura de Logopeda da Universidade de A Coruña no Curso 2004/05.
  • Logopedia personalizada para adultos e nenos desde o ano 2000.
  • Formadora en Cursos do Plan FIP: Psicomotricidade no ancián e intervención educativa na linguaxe. 2003
  • Ponente nas XII Xornadas da Síndrome de Down de Ferrol. Universidade de A Coruña, 2003.
  • Psicomotricidade e Animación á Lectura para nenos de Educación Infantil. 2002 a 2004.
  • Profesora de “Voz e Dicción” na Escola de Teatro de Narón desde o ano 2003.


Voltar a Profesorado

   
 
Concello de Narón - Aviso legal