|
Ferrol, 1978. Bailarina e coreógrafa
Carreira de Danza Clásica no Conservatorio de Sevilla. Formación en Danza Contemporánea con Bárbara Monteagudo, Armando Martén, Judska Weighel, Frasesc Bravo, Teresa Nieto e Nicolás Rambaud, entre outros.
Como bailarina e coreógrafa ten intervido entre outros nos espectáculos de Danza: "Fotos dos Prisioneiros de Irak" e "Barcelona Diptych 5" (representación da obra pictórica de Sean Scully), ambas realizadas no I Encontro "A rúa no corpo"; "Dejavu", xunto con Bárbara Monteagudo e Fátima Martín; "Pequenos retazos do pasaxeiro" da Compañía Trespasando; Representación da obra escultórica de Gonzalo Pérez del Castillo; "L'italiana in Argeli", "5 minutos fuera del redil".
No ano 2002 funda a Asociación "Prodanza" e nos anos 2000 e 2001 foi bailarina do "Ballet Galego Rey de Viana" do IGAEM.
Como Mestra de Danza ten impartido diversos Cursos e Obradoiros: Con Grupos de rehabilitación de Terceira Idade, presentando a exposición fotográfica de Caixa Galicia "Imaxes Maiores", na Asociación Prodanza, "Danza para nenos e adultos" e no Concello de Oleiros "Expresión Corporal" dentro da actividade "Oci-Oleiros". No ano 2003 incorpórase como Profesora de "Danza" á Escola de Teatro de Narón.
|