|
A Coruña, 1964. Actriz
Vinculada á actividade teatral desde principios dos anos oitenta, comeza a súa traxectoria profisional con Manuel Lourenzo en Elsinor Teatro, e asiste a Cursos de Interpretación con Augusto Fernándes. Desde entón traballa ininterrumpidamente na escena galega para as compañías Teatro do Atántico, Centro Dramático Galego, Espello Cóncavo, Teatro do Noroeste, Teatro Maltés ou Lagarta Lagarta, nas montaxes de textos de Eurípides, Ibsen, Bretch, Valle, Cabanillas, Castelao, Dieste, Marinhas Del Valhe, Manuel Lourenzo, Roberto Cossa, Brian Friel, Sam Sheppard, Nell Dunn, Álvaro Ahunchaín, Lino Braxe, Raúl Dans, José Luis Prieto ou Luisa Villalta, dirixidas por Manuel Lourenzo, Xúlio Lago, Arturo López, Jorge Castro Guedes e Lino Braxe, entre outros. No seu haber, tres nominacións nos Premios María Casares de Teatro (Mellor Actriz Protagonista por Maggie Mundi en "Danza de agosto" de Brian Friel; Mellor Actriz Secundaria por Andrómaca en "As troianas" de Eurípides; Mellor Traducción por "Ministros pola cara" de Ernesto Caballero).
Conta con ampla experiencia en teatro radiofónico, lecturas dramatizadas, recitais poéticos e dobraxes televisivas, e ten participado en produccións cinematográficas e audio-visuais.
Desde 1997 compaxina a súa actividade como actriz coa docencia teatral e incorpórase como Profesora de "Interpretación" e "Aproximación á Teoría e Historia do Teatro Universal e Galego" á Escola de Teatro de Narón no 98, dirixindo desde entón máis de 20 montaxes teatrais desta Escola e outros Grupos de Teatro, así como Lecturas Dramatizadas de textos de autores e autoras contemporáneas para a AADTEG e outras entidades do país.
Na actualidade representa “Hamlet” de W. Shakespeare, producida por RTA e dirixida por Lino Braxe, xunto con Luis Tosar, Miguel Pernas, Iolanda Muiños, Gonzalo Uriarte, Manuel Manquiña e Victor Mosqueira, entre outros, e os espectáculos poético-musicais "Rosalía: Desde a sombra que sempre me asombra", con Asunción Balaguer e "Parade os reloxos" con Lino Braxe e o Grupo Vocal Nois.
Desde Decembro de 2004 é Vocal de Teatro da Xunta Directiva da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia.
|