|
Mugardos, 1965. Músico
Licenciado superior en música, estudou nos conservatorios de A Coruña, León e Madrid, especialízase en composición, tendo como mestres, entre outros, a Carmelo Bernaola e a José Nieto. Compaxina os seus estudios co traballo de músico de grabación no estudio de Antonio Garcia de Diego en León.
Tamén estuda Guitarra, Canto e Dirección Coral. En Canto estudia con Monserrat Pueyo e Mireia Barrera, e en Dirección Coral con Manuel Cabero y Javier Busto, ampliando logo a súa formación acudindo a cursos con mestres como o propio Javier Busto, Fernando Eldoro (Portugal), Gary Graden (Suecia) y María Felicia Pérez (Cuba).
Unha vez rematada a carreira, introdúcese nos campos da educación e a Dirección Coral. Na educación, traballando para a editorial Edebé na elaboración dos libros de texto de música para preescolar, primaria e secundaria, e coa filial galega de Edebé, Rodeira, facendo as versións en galego das máis de 600 cancións de apoio dos libros. No mundo coral introdúcese no ano 1987, facendose cargo da dirección da Coral do Casino Mugardés.
Dende entón ata hoxe dirixe 20 agrupacións corais en Ferrol, Coruña e as súas comarcas. Co coro Albae Sonus de Ferrol e cos que actualmente dirixe, Saúde e Ardume de A Coruña, actuou, ademáis de por toda España, en Portugal, Francia, Inglaterra, Italia, Alemania e República Checa, obtendo moitos premios entre os que cabe citar un terceiro posto en Torrevieja, e primeiros postos en Avilés, Marín, Cieza (Murcia) e Concentaina (Alacante).
É o fundador, director e tenor primeiro do grupo vocal Nois, octeto especializado en música coral moderna e jazz coral. Con este grupo intervén no espectáculo “Parade os reloxos” de Lino Braxe, do que é Director Musical.
|