A Escola
 
Historia
 
Formación
 
Actividades Escolares
 
Activ. Complementarias
 
Matrícula e acceso á escola
 
Espectáculos TEN
 
Galería de Imaxes
 
Profesorado
 
 
Matrícula e acceso á escola
 

Para acceder á Formación impartida na Escola é preciso ter cumpridos 17 anos (Idade mínima de acceso ao Ciclo 1) ou 18 anos (Idade mínima de acceso ao Ciclo 2). As persoas que, sen ter cursado o Ciclo 1, e tendo cumpridos 18 anos, acrediten experiencia ou formación teatral suficientes poderán acceder directamente ao Ciclo 2.

As persoas interesadas en cursar os estudos impartidos na Escola de Teatro de Narón, haberán de formalizar as súas solicitudes nos impresos destinados a tal fin nas dependencias do Padroado de Cultura do Concello (Auditorio Municipal).

O Padroado de Cultura determina e dá a coñecer os prazos de matriculación e, no seu caso, os prazos de pre-inscripción para cada Curso Escolar.

Para o bo desenvolvemento da actividades da Escola e o adecuado aproveitamento da Formación impartida, establécese un número máximo de 12 persoas matriculadas por nivel formativos, podendo exceder excepcionalmente este número até un máximo de 15, para o que se terá en conta rigurosa orde de formalización das matrículas. Cada Curso Escolar o Padroado reserva en cada nivel as prazas correspondentes ao Alumnado que tivese cursado estudos con óptimo aproveitamento na Escola no Curso Escolar inmediatamente anterior.

O Alumnado que complete satisfactoriamente cada Ciclo Formativo dos 2 impartidos na Escola, recebirá documento acreditativo no que constará o detalle da Formación recebida e número de horas cursado en cada materia.

   
 
Concello de Narón - Aviso legal