"Desde entón cantan as Rás", actualmente en proceso de Montaxe e con estrea prevista para o 17 de Maio de 2005 no Auditorio de Narón, conta unha historia dos tempos nos que as rás vivía no fondo do río e só cantaban polo día, e de cómo comezaron a cantar pola noite, grazas á curiosidade dunha delas que decidiu perseguir unha luz...
"Como tal que no escenario hai un río. Como tal, isto é un xogo. Como tal que a auga do río é, que sei eu…unha tea… ou, en fin, digo eu. Como tal que a tea, quero dicir a auga do río, se move por efecto da brisa…e da corrente. Como tal que a brisa e a corrente son actores, ou actrices, claro. En fin, personaxes. Personaxes que incluso teñen nome. A BRISA chámase… Marisa. A CORRENTE… Rosa. Como tal que eses dous actores, ou actrices, en fin, esas personaxes, así como moven a auga do río, quero dicir a tea, tamén poden mover máis cousas… as que fagan falta. Quer dicir, como tal que tamén son tremoias ao servizo das necesidades escénicas. Por iso entran ou saen, falan ou calan, segundo a ocupación de cada momento. E, falando de ocupación, como tal que se ocupan tamén de contar a historia. E como tal que na peza, evidentemente, hai máis actores, ou actrices, en fin, máis personaxes, en fin… como tal. Pois veña."
|