|
A Escola de Teatro de Narón desenvolve cada Curso diversas Actividades Complementarias cuxo contido é de programación anual, a razón de unha actividade cada mes dos nove lectivos, como mínimo.
As Actividades Complementarias procuran facilitar ao Alumnado a ampliación de coñecementos sobre o oficio actoral ou calquera outro relacionado coas Artes Escénicas, e a adquisición de experiencia escénica por parte das alumnas e alumnos, e os seus custos son asumidos integramente polo Padroado de Cultura (agás no caso da Programación de Teatro do Auditorio Municipal, para a que o Alumnado da Escola conta cun desconto do 50% sobre o prezo da entrada).
A programación de Actividades Complementarias de cada Curso inclúe tamén aquelas actividades organizadas por iniciativa do Alumnado, que se ocupa da organización das actividades que promove e que participa activamente en todas elas.
|