A Escola de Teatro de Narón, radicada actualmente no edificio da antiga Casa da Cultura do Concello e nas dependencias do Auditorio Municipal, é unha Escola Municipal de Teatro que imparte Formación Non Regrada, dependente, a todos os efectos, do Padroado de Cultura do Concello de Narón.
A Escola de Teatro de Narón pretende, através da Formación impartida no percorrido dos cinco cursos dos que consta, que o Alumnado incorpore conceptos teóricos básicos e experiencia práctica suficiente para o exercicio do oficio actoral.
A Escola de Teatro de Narón fundamenta a súas actividades na consideración do Teatro como un ben público que ha de ser accesible o conxunto da cidadanía e na necesidade de formación integral, sistematizada e continuada das persoas que queren dedicarse á Interpretación Actoral.
|