|
Dende hai 15 anos o Padroado da Cultura do Concello de Narón ven organizando, no mes de xullo, un Festival Internacional de Folclore co obxectivo de amosarlles ós nosos veciños distintas culturas e tradicións folclóricas, tanto do estado español como doutras partes do mundo.
Este Festival sirve tamén, para o Grupo de Danza Tradicional “Alxibeira”, como intercambio de relación con grupos doutras Comunidades Autónomas e doutros países e continentes, tendo actuado así en diversos puntos do estado español así como tamén en: Francia, Alemania, Polonia, Brasil, Illas Azores, Illa de Madeira, Cuba, etc.
|