Programación do Auditorio
 
Bonos Teatro e Danza
 
Mostra de Teatro
 
 
Mostra de Teatro
 

Ademais da programación estable que se leva a cabo no Auditorio Municipal tódalas fins de semana, durante o mes de novembro e en horario escolar, o Padroado da Cultura ven realizando dende hai 8 anos unha Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil na que participan tódolos alumnos e alumnas dos colexios que hai en Narón (de idades compendidas entre os 3 e os 18 anos) sendo -aproximadamente- un total de 4.500 rapaces e rapazas os se achegan ó Auditorio para ver un total de 22 espectáculos teatrais de diferentes compañías profesionais de Teatro e Títeres que veñen tanto de Galicia coma de fóra da nosa Comunidade.

O obxectivo que persegue o Padroado da Cultura organizando esta Mostra de Teatro é achegarlles ós nenos e xóvenes do concello as artes escénicas como actividade complementaria na súa formación.

   
 
Concello de Narón - Aviso legal