Programación do Auditorio
 
Bonos Teatro e Danza
 
Mostra de Teatro
 
 
Bonos Teatro e Danza
 

Coa fin de premia-la fidelidade dos espectadores ás representacións, feitas por Compañías Profesionais de Teatro e Danza no Auditorio Municipal, o Padroado da Cultura do Concello de Narón emite un bono coas seguintes normas de utilización

BONO TEMPADA 2006

  • O bono será válido para 10 entradas para asistir a representacións de danza e teatro profesional organizadas polo Padroado da Cultura do Concello de Narón no Auditorio Municipal, sendo o prezo do mesmo: 42 euros.
  • O bono poderase utilizar para retirar dúas entradas, como máximo, por espectáculo.
  • Os posuidores deste bono terán dereito a reserva de entradas no teléfono 981 39.11.44, ata 2 horas antes do comenzo da representación.
  • Os abonados que non fagan reserva previa (ata 2 horas antes da función) terán dereito a entrada sempre e cando quede algunha dispoñible na taquilla.
  • Quedan excluidas do bono tódalas representacións teatrais de carácter extraordinario.
  • Os posuidores do bono recibirán información da programación teatral nos seus enderezos, sempre que así o soliciten.
  • Este bono non será compatible con calquera outro tipo de desconto dos que habitualmente aplica o Padroado da Cultura do Concello de Narón (Carné Xove, Carné de Estudiante, etc.)
  • Para asistir ás representacións, os abonados poderán reservar dúas butacas determinadas, sempre e cando se atopen dispoñibles, que lles quedarán reservadas para tódalas funcións teatrais namentras o bono non se esgote ou caduque e sempre que confirmen a súa asistencia ós espectáculos (ata 2 horas antes da función).
  • Unha vez esgotado ou caducado o bono, haberá unha semana de prazo para renovalo, sempre e cando se queiran manter reservadas as mesmas butacas que se tiñan elixido.
  • O Bono poderá ser adquirido nas oficinas do Auditorio Municipal.
   
 
Concello de Narón - Aviso legal